Reflexión final sobre o curso: Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación (PLE e PLN).
Cando me decidín a matricularme neste curso, non sabía moi ben con todo o que me ía atopar. Había certos temas que coñecía, os que menos, outros que sabía da súa existencia, pero non traballara nunca con eles e finalmente, aplicacións e programas que era a primeira vez que escoitaba falar deles. Se ben é certo que non lle puiden adicar todo o tempo que me gustaría a traballar máis en profundidade os contidos deste curso, adquirín moitos coñecementos que me servirán xa, ou nun futuro cercano, na miña labor docente e proceso de aprendizaxe. Unha das utilidades que comezarei a empregar dende xa é Dropbox e/ou Google Drive . Xa fai tempo que non perdo a información dun pendrive, así que por pura probabilidade xa lle vai tocando... Sigo con esa manía de gravar información no pen, pasala ó portátil, logo actualizar o arquivo do pen nalgunha hora libre, verme entón na necesidade de actualizar na casa o documento (cousa que non sempre fago, co que iso implica 😅), enviarme a diferente...