Reflexión final sobre o curso: Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación (PLE e PLN).
Cando me decidín a matricularme neste curso, non sabía moi ben con todo o que me ía atopar. Había certos temas que coñecía, os que menos, outros que sabía da súa existencia, pero non traballara nunca con eles e finalmente, aplicacións e programas que era a primeira vez que escoitaba falar deles.
Se ben é certo que non lle puiden adicar todo o tempo que me gustaría a traballar máis en profundidade os contidos deste curso, adquirín moitos coñecementos que me servirán xa, ou nun futuro cercano, na miña labor docente e proceso de aprendizaxe.
Unha das utilidades que comezarei a empregar dende xa é Dropbox e/ou Google Drive. Xa fai tempo que non perdo a información dun pendrive, así que por pura probabilidade xa lle vai tocando... Sigo con esa manía de gravar información no pen, pasala ó portátil, logo actualizar o arquivo do pen nalgunha hora libre, verme entón na necesidade de actualizar na casa o documento (cousa que non sempre fago, co que iso implica 😅), enviarme a diferentes contas de correo algún documento importante, por se o perdo, etcétera, etcétera, etcétera.
Por outra parte, non tiña conta de Twitter ata agora, así que xa sinto que estou máis conectado co mundo que me rodea. Non so o emprego para temas académicos, senón tamén para comentar en directo algún programa de televisión que estea a ver.
Non sabía crear un blog nin páxina web, o cal penso utilizar algún ano con algunha materia, e a medida que me vaia familiarizando, tendo máis dominio e pensando como enfocar o seu uso, seguramente os empregue para todas as miñas clases.
É posible que de momento non lle quite tanto uso a outras aplicacións como Pinterest ou Feedly, pero seguro que me aparece algunha situación na que teña que botar man deles.
En canto a Diigo, outra das descoñecidas, paréceme moi útil para ir gardando toda esa información que moitas veces atopamos sen buscar e que nos poden servir de gran axuda, senón nese momento, sí máis adiante.
Por outra parte, non me quero esquecer da colaboración de compañeiros, compañeiras, titoras e titores deste curso. Sempre axudando e aportando consellos e coñecementos.
Xa para rematar, recomendar este curso e a seguir aprendendo e aumentando as nosas PLE e PLN!!!
Vémonos nas redes...
Vémonos nas redes...
Comentarios
Publicar un comentario