Ir al contenido principal

Obxectivos deste blog


Este blog pretende servir de axuda para preparar a materia de Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas, do 3º curso da ESO.
Nel atoparedes breves explicacións teóricas, exercicios e enlaces de interese a vídeos e a outra información interesante.

Neste vídeo poderedes atopar información e curiosidades da importancia das matemáticas:



Aquí tendes un enlace ó temario que forma parte deste curso e a un libro completo: http://www.apuntesmareaverde.org.es/grupos/mat/3Aeso.htm

E para comezar, nada mellor que avaliar os coñecementos previoshttp://jlmat.es/index.php/mnu-2eso/15-ejercicios-y-problemas-2%C2%BA-eso.html

Non dubidedes en comentar calquera cousa, aportar ideas de mellora e corrixir as posibles erratas.
BENVID@S!!! 

Comentarios

  1. Os comentarios tamén son benvidos...

    ResponderEliminar
  2. Parabéns polo teu novo blog, Raúl! Non sei si é polo minimalismo do deseño ou pola cor verde, que me encanta! :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias! Neste caso o minimalismo está un pouco condicionado polos meus coñecementos 😉

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A curación de contidos.

Que é a curación de contidos? A curación de contidos é atopar, agrupar, organizar, valorar e compartir online , o mellor contido da rede nun mesmo lugar. Para iso debemos seguir uns criterios e dar valor ao recompilatorio seleccionado, sendo este un contido de interese para o público ao que vai dirixido e dunha fonte fiable. O curador de contido é máis coñecido como Community creator e coñéceselle co devandito nome tanto na parte online como na curación de contidos offline , como se fixo toda a vida nas investigacións. Tips para a curación de contidos Sé selectivo: Non selecciones o contido por encher. Sé selectivo e escolle soamente o contido que se axuste ao tema que elixas e que sexa de valor para os lectores. Agrupa por temáticas: non tentes abarcar todos os temas, separa por temáticas facilitando así a lectura aos teus usuarios e a ti mesmo. Analiza os contidos: antes de seleccionar o contido debes lelo e comprobar que todo é correcto. É mellor que o contido...

Reflexión final sobre o curso: Ambientes persoais de aprendizaxe e redes sociais na educación (PLE e PLN).

Cando me decidín a matricularme neste curso, non sabía moi ben con todo o que me ía atopar. Había certos temas que coñecía, os que menos, outros que sabía da súa existencia, pero non traballara nunca con eles e finalmente, aplicacións e programas que era a primeira vez que escoitaba falar deles. Se ben é certo que non lle puiden adicar todo o tempo que me gustaría a traballar máis en profundidade os contidos deste curso, adquirín moitos coñecementos que me servirán xa, ou nun futuro cercano, na miña labor docente e proceso de aprendizaxe. Unha das utilidades que comezarei a empregar dende xa é Dropbox e/ou Google Drive . Xa fai tempo que non perdo a información dun pendrive, así que por pura probabilidade xa lle vai tocando... Sigo con esa manía de gravar información no pen, pasala ó portátil, logo actualizar o arquivo do pen nalgunha hora libre, verme entón na necesidade de actualizar na casa o documento (cousa que non sempre fago, co que iso implica 😅), enviarme a diferente...